måndag, juli 06, 2009

18º Sábado amarelo

El más que recomendable blog gallego 18 Rodas dedica una crítica al 2º álbum de Los Negativos que subscribo línea por línea. 

Fai xa uns anos o primeiro elepé dos Negativos, “Piknik caleidoscópico”, foi elixido por unha desaparecida e prestixiosa revista limodresa como o mellor disco español dos anos 80. Non é de estrañar xa que o devandito disco contén unha serie de cancións absolutamente brillantes ás que o paso dos anos non lles fixo máis facer crecer. Tras ese mítico disco, xa reeditado en cedé, Los Negativos editaron a súa segunda obra, que é a que vos ofrecemos, que chegou a ser aínda máis maldita que a primeira e que cargou sempre coa pesada fama de ser moi inferior a esta. Non imos ser máis papistas que o Papa sostendo que é mellor, pero xa vai sendo hora de reivindicar este elepé dicindo que se trata tamén dun gran traballo, que tivo a desgraza de ter que soportar a comparación co seu antecesor e que contén grandiosas cancións como “1, 2, 3 luz roja”, “Estación de Francia”, “Recuerdos desde el Gran Hotel” ou a inmarcesible (palabra que se puxo de moda fai un tempo entre todo crítico pedante que se preciase un pouco) “Bagdad”, ao meu parecer a mellor canción do repertorio dos Negativos.


Podeis leer el artículo aquí y descargarlo aquí.

0 kommentarer:

Skicka en kommentar

Obs! Endast bloggmedlemmar kan kommentera.

Prenumerera på Kommentarer till inlägget [Atom]

<< Startsida